Publicamos o número VI de SYMPHONIA nestes tempos estraños para todos e particularmente problemáticos para a música. É xa o segundo número aparecido durante esta pandemia, mais agardamos que tamén sexa un dos derradeiros realizados nestas tristes circunstancias.
Debemos agradecer en primeiro lugar a boa disposición dos participantes, sexan alumnos, profesores, exalumnos ou outras persoas relacionadas dalgún xeito co noso centro que aportaron desinteresadamente unha boa variedade de entradas. Neste sexto número hai entrevistas, reportaxes, artigos de opinión, divulgación e a habitual porcentaxe de artigos de investigación e outros de corte máis académico. Os enfoques e temas son tamén moi diversos.