Pasa outro curso e seguimos funcionando a toda máquina. Foi un ano este pleno de actividades de todo tipo. Grandes e pequenos concertos e outro tipo de actividades, formais e informais,  dentro e fóra de centro, colaborando coas institucións da cidade e tamén con outras galegas moi relevantes: Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Conservatorios autonómicos e municipais, Academia de Belas Artes, Museo de Belas Artes,  Sociedade Filarmónica,  Banda Municipal, Orquesta Sinfónica de Galicia, Sporting Casino, Capitanía, e un longo etc.  Se algo nos queda pendente, e non ten fácil solución, é atraer a unha audiencia externa ao noso centro xa que nós non dispoñemos de tanto público interno para encher os nosos propios concertos e actividades

Pasamos a realizar un resumo do acontecido a nivel de actividades neste curso que xa a acaba aínda que non incluimos as actividades que quedan por facer e que son moitas todavía, especialmente no mes de xuño.

CONCERTOS DAS ORQUESTAS E BANDAS DO CONSERVATORIO. Colaboracións 

Destacamos en primeiro lugar aqueles eventos de máis alta participación como foi o Concerto do 75 Aniversario da Fundación do Conservatorio o pasado día 5 de maio, xornada intensa na que os dous Conservatorios coruñeses colaboraban na organización e no escenario. A afluencia foi enorme, de feito o público encheu o Palacio da Ópera cun programa dobre que incluía unha primeira parte coa Banda formada por estudiantes de ámbolos dous conservatorios e  dirixida por Julio Cabo e unha segunda na que Fernando Briones dirixiu as Orquestras Sinfónicas e Coros tamén de ambos centros, interpretando unha selección de dezaoito arreglos de cancións  das películas de Disney.

DF0BAD8E-121F-4F7B-93A9-95B8DDEF9205

Outro grande evento do curso foi o encontro anual das orquestras e os coros dos Conservatorios Superiores de Coruña e Vigo, que este ano tivo como obxectivo a interpretación dunha grande obra como é Carmina Burana, de Carl Orff. Este encontro durou unha semana enteira entre os numerosos ensaios que tiveron lugar entre o noso Conservatorio e o Auditorio de Ourense, e os tres concertos que se realizaron: un no propio auditorio de Ourense, outro no Pazo da Ópera de A Coruña e o último no auditorio do Conservatorio Superior de Vigo, os días 6, 7 e 8 de abril, respectivamente.

Esta semana de ensaios foi realmente productiva tanto musical como socialmente para os alumnos de ámbolos dous centros, que tiveron a oportunidade de interactuar entre si e pasar uns días compartindo experiencias musicais que, de un modo ou de outro enriqueceron os seus coñecementos.

IMG-2601

 

IMG_2419

Estes dous eventos, o de Carmina Burana e o de Disney foron ambos dirixidos por Fernando Briones e tiveron unha grande acollida entre o público: no Auditorio do Conservatorio de Vigo incluso houbo público que se tivo que sentar nas escaleiras para poder disfrutar do espectáculo.

Algúns alumnos que nos comentaron as súas experiencias para a revista aseguraron que, de haber outro encontro como iste, non dudaría en participar e que foi unha experiencia intensa, á vez que unha grande oportunidade para montar un repertorio que non é común chegar a interpretar en público.

IMG-2572

A outra grande formación, a Big band dirixida este curso por Traugott Graser actuou tamén no Conservatorio Profesional  da Coruña e no noso centro no mes de decembro e no Clube Garufa e  ten prevista o 6 de xuño a súa actuación principal no Teatro Colón en colaboración co coro do Conservatorio para a realización do Sacred Concert de Duke Ellington, estrea en Galicia.

MÚSICA DE CÁMARA E SOLISTAS

Continuamos cos ciclos no Casino, en Capitanía  e a participación na Academia de Belas Artes de varios dos grupos de cámara máis destacados do Centro. O Ciclo RESONARE no Museo de Belas Artes acolleu a varios grupos finalistas do concurso de Cámara  do CMUS Superior da Coruña: Eloy Vázquez e Susana Pérez, Carla Romalde, Matías Cobo e Jaime García das Aulas de Cámara de Jesús Coello  e o Quinteto de metais da Aula de cámara de Andrés Vales .

IMG-1719

 

dc8b2741-d824-4b32-adf5-f40bb1c209d8

IMG-2297

 

O quinteto Crunia ensemble gañador do I Concurso de Música de Cámara celebrou en novembro un concerto destacado no Teatro Rosalía organizado pola Sociedade  Filarmónica da Coruña e A gañadora do concurso de solistas para tocar coa Banda Municipal, Carla Romalde  actuou tamén neste espazo no mes de marzo.

HN28C11F1_1.jpg

JAZZ

Foron de novo numerosas as intervencións de combos e grupos de jazz na  vida musical do centro proxecrtando cara ao exterior a súa labor como na Academia de Belas Artes, Capitanía, Cidade da Cultura, etc, e xa de forma periódica no Jazz Filloa e na propia Cafetería do Centro. De feito no derradeiro xoves de cada mes un grupo de jazz formado por estudiantes abriu as jam sessions, que xa son un referente no ámbito jazzístico da cidade. Grupos e combos xa consolidados ou formados para a ocasión colaboraron nos nove XOVES MUSICAIS do curso 2017-2018 e polo que pasaron a Aula de Música Latina de Hansel Luis Díez, Mambo n’ Funk, Grupo Zafra,  Xingra Auriense jazz, Angel Ferreira Trio ou Rodrigo Callejón Quartet entre outros.

Destacable foi a última sesión con dous grupos de jazz  e unha mistura de  grupos de rock integrado por músicos “de formación clásica”, para finalizar a velada. Moitos destes xoves contaron tamén coa participación de grupos de estilo clásico no Auditorio ainda que contou con menor afluencia, aspecto éste que animamos a cambiar dende aquí xa que é unha boa oportunidade para todos de rodar repertorio e poñerse cara ao público, algo imprescindible para calquer músico.

IMG-1057

IMG-1314IMG-2802

CONCURSOS

Outros momentos importantes neste curso foron os concursos nos que destacamos o Concursos de solistas para tocar coa Orquesta e a Banda do centro  que contou de novo cun moi alto nivel interpretativo. No primeiro,  para tocar como solista coa Orquestra do CMUS foi o violonchelista Gegorio Keilin o gañador, mentres Antón Seijas, clarinetista o foi para tocar coa Banda.

En outro concurso , neste caso para tocar como solista  coa Xove Orquestra o gañador foi Xian Vázquez, saxofón, mentres para tocar coa Banda Municpal resultou seleccionado de novo Antón Seijas,  alumno de 1º curso.

O II concurso de Cámara do CMUS Superior da Coruña contou tamén cun gran nivel e a elección foi complicada resultando vencedor absoluto o Dúo de flautas Bbs  formado Por Beatriz Sánchez e Sara Padín  e obtendo outros premios o Quinteto Esquío e o trío de Carla Romalde.

IMG-2633IMG-2629

CONFERENCIAS E CHARLAS

Empezamos abrindo o curso con Xosé  Manuel Sande para  tratar o tema da Cultura na nosa cidade desde a perspectiva institucional mais neste apartado o máis destacable foi sen dúbida, o ciclo de conferencias e concertos  para celebrar o 30 Aniversario do Erasmus e que abarcou prácticamente todo o curso incluindo eventos moi variados como os fantásticos concertos de Ivan Klansky e Katia Veekmans ou a intervención de Fernando Velázquez (Goya 2017 á mellor Banda Sonora por Un Monstruo viene a verme), o pianista Manuel Burgueras  ou a charla do Historiador Carlos Pereira entre outros.

Na semana das Letras Galegas ademáis do tradicional concerto de alumnos visitounos o cantante e escritor coruñés Xurxo Souto que adicou a súa charla á poesía de Luisa Villalta.

IMG-1183.JPG

 

 

 

 

 

 

CURSOS

Numerosos cursos e cursiños de instrumento, voz ou doutro tipo de materias como a Técnica Alexander  encheron o centro neste curso. Persoeiros da música internacional como os pianistas Rosa Torres Pardo, Ivan Klansky ou  Manuel Burgueras,  o clarinetista Arno Piters, o vibrafonista Christos Rafalides, o guitarrista Michalis Kontaxakis impartiron cursos no noso centro.

A lista continúa: Federico Bardazzi, Fernando Santiago, Carlos Casadó, Jon Urrutia, Jacobo de Miguel, Olivier Darbellay, Katia Veekmans. Martin Woffel, Beatriz López, Alberto vocaturo, Pablo Castaño,  Alessandro Fabri, Santiago Blanco, Juan Ferrer,  etc, etc.

rafalides

download

rosa-torres-pardo-1kontaxakis

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONCERTOS FIN DE CARREIRA 

Os concertos de fin de carreira constitúen por un lado unha proba obligatoria para finalizar os estudios superiores de música pero tamén son un momento especial na vida dos estudiantes en varios aspectos como cabe esperar dunha ocasión na que hai que facer de protagonista e solista absoluto, o que en moitos casos non é lóxicamente a aspiración dos músicos que optan ao título.Como día especial que é, asistimos nestes recitais ao final da traxectoria musical dos alumnos neste centro, é un final que pode ser máis ou menos desexado ( normalmente o é moito)  e que abre a porta aos plans futuros na música que non sempre son fáciles ( traballar?, máster?, Outra titulación? ).

A familia e os amigos son o público natural destes concertos que en moitas ocasións contas cun altísimo nivel tanto na interpretación como na organización (e colaboración con outros músicos e incluso pequenas orquestas);   por iso é importante reivindicar este concerto-exame como un momento fundamental na vida académica e cultural da nosa comunidade.Ao finalizar o derradeiro plazo do curso, nas primeiras semanas de xullo  teranse presentado a este final de carreira máis de 70 alumnos dende outubro de 2017 a xullo de 2018, incorporándose a primeira promoción de Dirección cuia  loxística musical e similar a dos TFE de composición , organización sempre máis  complicada que nos exames de interpretación ( neste mes de maio se inauguraron os concertos deste tipo con formacións alleas ao Centro).

Sería desexable que foran concertos de gran afluencia aínda aque ésta é tamén unha asinatura pendente –  como mínimo sería necesario  ver a todolos alumnos compañeiros do protagonista no departamento animando ao concertista e aprendendo cousas para o seu propio recital e lectura do TFE-.

LUIS Alvarezlucia vicente

 

 

 

Anuncios