Symphonia: do grego συμφωνíα, e do latín Symphonia, “que emite o seu son de xeito acorde”. Na antiga Grecia significaba a consonancia perfecta, a octava. O seu uso para referirse a un grupo de instrumentos funcionando ao unísono atópase moito máis tarde nun himno do século VI. Xa na Baixa Idade Media, Symphonia será a denominación da viola de rueda, sinfonía, chifonie – para nós, zanfona.

Cuarta edición xa de Symphonia, a revista do CMUS Superior de Música da Coruña. Neste número ofrecemos unha selección de artigos moi diferentes entre sí, algúns escritos por estudiantes actuais en torno a temas diversos relacionados coa súa especialidade ou os seus intereses. Mais outra parte desta publicación adícase como de costume aos nosos ex-alumnos, non só como unha forma de manter o contacto con eles senón especialmente para amasar os “camiños da música” que poidan servir de inspiración aos estudantes actuais,  como ocorre no caso de María Domínguez e Nicolás Gómez Naval ou a entrevista á compositora Susane van Els realizada e traducida por Iago Hermo.

Queremos destacar ademáis a  participación dos profesores do departamento de jazz  con dous artigos así como a desinteresada colaboración doutros autores relacionados indirectamente co entorno do noso centro e que escriben sobre temas de historia e patrimonio musical galego.

Pasamos a resumir os artigos desde número -e como sempre animámosvos a escreber algo para o próximo número.

AQUÍ SALIMOS TODOS! …OU CASE . RESUMO DA ACTIVIDADE DO CURSO 2017-2018. Pablo Ruibal e Azazel Fernández.

Resumo da actividade cultural do noso centro no presente curso, pretendemos nesta nota facer unha crónica breve dos concertos, conferencias, e cursos  realizados durante este curso que estamos a rematar, mais sen esquecer que moitos dos principais eventos están todavía por vir, o mes de Xuño vai ser moi movido!.O resumo vai acompañado de moitas fotografías  e aínda que non estamos todos, estamos máis perto que nunca de facer unha foto integral. Aínda que queda moitísimo por facer, polo menos podemos decir que despois de ler esta reseña quedamos cunha lixeira idea das actividades culturales do ano a modo de memoria.

CAROLINA CASANOVA DE CEPEDA: DO “COVENT GARDEN” A CULLEREDO. Carlos Pereira Martínez

O historiador Carlos Pereira achéganos a unha das figuras locais fundamentais da música no cambio de século. Sorprendentemente Carolina  Casanova, cantante ferrolana, é unha persoaxe pouco recordada actualmente que o autor descobre e reivindica como figura operística de primeiro nivel recoñecida en escenarios de todo o mundo. No seu artigo, Pereira afonda na relación da cantante con Culleredo onde posuía unha vila que visitaron no seu momento Sarasate ou Gayarre.

OS ÓRGANOS DE GALICIA. UNHAS NOTAS SOBRE A SÚA CATALOGACIÓN .Mª Belén Bermejo López e Andrés Díaz Pazos

Belén Bermejo e Andrés Díaz levan anos adicados á tarefa de catalogar e promover o patrimonio musical galego, especialmente no caso dos órganos que son unha parte moi importante do mesmo. No artigo explícannos como é a situación actual do órganos galegos, que non é a más desexable,  e porque é tan necesario  catalogalos e  restauralos debidamente. É un texto éste que amosa como todavía queda   moitísimo por  facer coa música no noso país .

ENTREVISTA Á  SUSANNE VAN ELS.  Iago Hermo

Iago Hermo cursou estudios de piano no noso centro. Actualmente estudia composición en Maastricht. Como colaborador habitual de Symphonia esta vez entrevista á compositora  Susanne Van Els, unha das figuras principais no mundo musical dos Países Baixos. Merece a pena ler a entrevista para decatarse dos cambios que están por vir e para poñerse un pouco ao día en canto a novos compositores se refire. Recomendable.

EXPERIENCIA PROFESIONAL NO CONSERVATORIO GIUSEPPE MARTUCCI DE SALERNO,  NÁPOLES,  DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS. Alberto Conde

Alberto Conde, profesor de piano- jazz do noso centro relata a súa estancia Erasmus  en Salerno xunto co profesor de baixo Joaquín García. Proveitosa clases maxistrais e a boa disposición do alumnado de todo tipo, destaca especialmente a ausencia cada vez maior  de prexuízos estilísticos con respecto ao jazz. Unha experiencia posible gracias ao programa Erasmus pero salientando tamén a calurosa acollida de profesores e alumnos da escola visitada.

ENTREVISTA A XURXO SOUTO.  Uxía García Conde

Xurxo Souto, o gran comunicador da nosa cidade, estivo con nós o pasado día 16 falándonos de Luisa Villalta, da súa poesía e a súa musicalidade. Nesta entrevista realizada inmediatamente despois, Uxía García Conde lle pregunta acerca da súa relación coa figura de Villalta e a súa visión poética da cidade. Interesante lección de Historia da música popular coruñesa a que nos ofrecen Xurxo co seu habitual entusiasmo.

 LA ACADEMIA MARSHALL: GRANADOS Y ALBÉNIZ.  Álvaro Sieira.

Álvaro fálanos da máis importante academia musical española do século XX, fundada polo pianista virtuoso Enrique Granados. Pódese atopar aquí a historia da academia, os seus métodos de ensino, algúns pianistas colaboradores con este mestre e a orixe musical de grandes da nosa época como Alicia de Larrocha.

 MICROTONALISMO.  Xabier Doural

Xabier Doural fai neste interesante artigo un breve pero ameno recorrido pola música microtonal ao longo da Historia deténdose especialmente nos instrumentos e autores microtonais do século XX. É unha faceta pouco coñecida no noso país que sen embargo ten un enorme desenvolvelmento en outros países como EEUU ou Xapón.

ENTREVISTA A NICOLÁS GÓMEZ NAVAL, TROMPISTA DA OSG E ANTIGUO ALUMNO DO CENTRO. Pablo Ruibal  

De novo un antiguo alumno que tamén atopou o seu oco na vida profesional na música esta vez nunha orquesta sinfónica, e ademáis na Orquesta Sinfónica da cidade, un sono feito realidade. Nicolás fálanos dos seus inicios como estudiante , dos premios e do traballo que o levou a estar na plantilla dunha das orquestas de máis nivel do país.

EL MISTICISMO DE SCRIABIN. Azazel Fernández.

A pesares de non ser dos compositores máis recoñecidos do século XX, o propio sistema tonal de Scriabin foi moi importante e innovador na súa época. O obxectivo da súa obra foi influenciado por dúas cousas principalmente: a súa sinestesia e a súa relación coas crencias de teósofos amigos seus da época. Azazel fálanos deste obxectivo inacabado chamado Misteriya, introducíndoo con datos biográficos do compositor.

 LA GRAN MENTIRA DEL JAZZ. Roberto Somoza.

De título provocador, o artigo divídese entre a tempestade e a calma . Na primeira parte Somoza discute acerca de determinados elementos relacionados coa tradición jazzística e o intrusismo profesional. Na segunda, a calma, ofrece unha análise práctica sobre un standard e unhas suxerencias de estudio sobre este tema.

 LISZT Y SUS ALUMNOS.  Álvaro Sieira.

Neste artigo Álvaro informanos das dificultades vida de Liszt, o seu interese por todas as artes e os seus métodos de ensino, e rematará mencionando e falando de moitos dos seus notables alumnos, grandes intérpretes, directores, compositores, e algúns, profesores dos grandes intérpretes do século XX.

LA HISTORIA TRAS EL CONCIERTO DE VIOLÍN DE SIBELIUS. Azazel Fernández.

O concerto de violín de Sibelius non foi sempre considerado unha obra maestra dentro do repertorio do compositor, senon que, tras o seu estreo foi criticado severamente antes de ser olvidado. Foi moito despóis dese momento cando chegou a gozar do prestixio que unha obra do seu nivel merece.

ACORDEÓN Y FAMILIA. Sandra Novais

Sandra Novais, acordeonista e estudiante do CMUS Superior A Coruña achéganos a unha familia de instrumentos popular pero aínda descoñecida para moitos, especialmente no ámbito académico,  como é a do acordeón. Un pouco de Historia e de organoloxía para poñer a esta expresiva familia un pouco máis perto do lugar que merece.

SER UN MAL ESTUDIANTE NON EQUIVALE A SER UN MAL MÚSICO.  Pablo González

Pablo é un loitador incansable que trata de buscar novos camiños na música e na vida. Neste texto como sempre, coa súa franqueza habitual  reflexiona sobre a diferencia entre os resultados académicos e a realidade da música e dos músicos , un tema que non debemos de perder de vista. Porque a música non é so técnica e excelencia senón que implica  imaxinación,  iniciativa,  valentía,  creatividade,  empatía e un montón de cousas máis. Un pensamento útil  para non caer no desánimo.

POR QUÉ LA MÚSICA CONTEMPORÁNEA.  María Domínguez,

María Domínguez é unha antigua alumna do CMUS Superior da Coruña  que actualmente traballa como pianista en proxectos artísticos en Amsterdam. Aquí nos explica o seu camiño hacia o mundo profesional (vía emigración) que ela atopou na música cando rematou a carreira e nos relata brevemente como foi o seu proceso de transformación.

CLEMENTI, CRAMER Y MOSCHELES: SUS APORTACIONES A LA TÉCNICA PIANÍSTICA.  Azazel Fernández.

A historia técnica dos instrumentos de tecla remóntase ao século XIII, cando comezan a aparecer os primeiros claves, pero a que iniciou as tendencias virtuosísticas deste instrumento como solista saíu á luz primeiro con Muzio Clementi. Este foi transmitindo as súas ideas técnicas aos seus numerosos alumnos creando unha larga liña de grandes e reconocidos pianistas como foron Carl Czerny, Franz Liszt, Martin Krause ou Claudio Arrau. Neste artigo trátanse os inicios destas novas ideas técnicas do século XVIII.

Anuncios