Entre os días 26 de Febreiro e 2 de Marzo, os profesores Alberto Conde de León e Joaquín García Souto do departamento de Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña, impartimos clases no Conservatorio Superior Giuseppe Martucci de Salerno – Nápoles, convidados polo departamento de jazz  deste conservatorio dentro do programa Europeo Erasmus. A valoración da experiencia resultou altamente positiva por diferentes puntos de vista que destacamos baixo estas liñas.

Sen dúbida, o gran número de alumnos e alumnas da  especialidade de interpretación que se deron cita nas clases, apunta un elemento significativo no feito do que a disciplina de Improvisación e Interpretación Jazz desperta dentro do Espazo Europeo da Cultura e Educación. Chamóunos a atención, que dentro dos alumnos/as participantes nas clases, maioritariamente pertencentes ó departamento de jazz, algún e algunhas outras, proviñan de departamentos de interpretación clásica, o que consideramos un exemplo máis do eclecticismo musical que se está a facer eco no noso continente, e curiosamente nun país culturalmente moi cercano ó noso, polo achegamento histórico que nos identifica.

salerno 2

A adaptación dos alumnos/as ás nosas demandas, tanto no aspecto didáctico, como na colaboración práctica, tendo en conta os diferentes estilos de jazz practicados nas aulas, foron dúas cualidades salientables que fai pensar en novas xeracións de músicos europeos con gran talento para a realización de traballos multidisciplinares e libres de prexuizos estilísticos. Outra característica importante que puidemos comprobar foi a relacionada coa estrutura do departamento de jazz que inclúe a disciplina de voz, o que fai aumentar cualitativamente a matrícula e a presencia de alumnos/as nas aulas, achegando as diferentes músicas aos públicos máis amplos, obviamente sen esquecer o gran valor que se concede á tradición vocal en Italia, tanto no ámbito da música clásica como no jazz, o pop ou na música tradicional.

Destacar tamén o bo nivel xeral dos alumnos e alumnas no eido instrumental e no adestramento auditivo, capacitados para interpretar os materiais e recursos que lle íamos solicitando nas disciplinas de improvisación, interpretación e arranxos que en ocasións presentamos a tempo real e que eran capaces de reproducir instantáneamente, sen pausas.

Agradecemos o apoio e a amabilidade recibida por parte dos profesores do CSM de Salerno, Francesco D’Errico, Ernesto Pulignano e Giuliu Martino polo soporte recibido tanto na cesión de aulas, na previsión horaria e a documentación acreditativa, asi como pola confianza depositada en nós en prol de animar ós seus alumnos/as a participar nas master class que impartimos. Igualmente, agradecemos a Francesco D’Errico, Giuliu Martino e Giampeiro Virtuoso a inestimable colaboraron artística en termos de producción e interpretación realizada nos concertos celebrados no Blue Around Midnight Jazz Club de Nápoles e no Pub Il Moro de Cava dei Tirreni, asi como pola gravación realizada no estudio do propio Giampeiro Virtuoso. Agradecemos á cantante e vocalista afrocubana Diana Tarín a colaboración prestada nas master class ó tempo que a súa participación nos citados concertos, e especialmente a Antonio Castaldo e a súa familia, a acollida recibida e o apoio loxístico para combinar tódalas actividades realizadas no curto prazo dunha semana, entre as cidades de Salerno, Nápoles e Cava dei Tirreni, que incluiron as devanditas clases maxistrais, os dous concertos e a gravación mencionada con anterioridade.

Sen dúbida entendemos que o programa Erasmus é unha oportunidade que nos brinda a Comunidade Europea, que abre un espazo de coñecemento e comunicación de gran valor para todos e todas e polo cual estamos agradecidos ó noso centro, o Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Anuncios