Symphonia 

Do grego συμφωνíα,  e do latín Symphonia, “que emite o seu son de xeito acorde”. Na antiga Grecia significaba a consonancia perfecta, a octava. O seu uso para referirse a un grupo de instrumentos funcionando ao unísono atópase moito máis tarde nun himno do século VI. Xa na Baixa Idade Media, Symphonia será a denominación da viola de rueda, sinfonía, chifonie, para nós zanfona.

Chegamos xa a fines de novembro e aparece a terceira edición de Symphonia, a revista do CSM de A Coruña. Neste número ofrecemos catorce artigos moi diferentes entre si e un lixeiro cambio de aspecto.

Aínda que todavía non temos o formato definitivo, xa nos imos achegando; seguro que pronto a revista contará con novas seccións e unha organización máis flexible.

Ofrecemos aquí un resumo do que poderemos atopar a partires do mércores, 29 de novembro:

 Entrevista a María Sanz. Por Andrea Doural

A primeira entrada é unha entrevista a unha antiga alumna do centro, María Sanz, que nos conta como planeou e levou a cabo o seu proxecto de escola de música en Novo Mesoiro e como se decidiu a dar este paso de auténtica emprendedora nun terreno tan complicado así coma as dificultades que se atopou no camiño. O artigo finaliza cun enlace a unha visita virtual á escola.

 Entrevista a Veronika Münstermann. Por Pablo Ruibal 

Continuamos con antigos alumnos: no segundo caso trátase dunha persoa que todos no centro lembramos con cariño e que nos acompañou no curso pasado como alumna Erasmus. Veronika Münsterman desvélanos entre outras cousas porque elixiu A Coruña e que foi o que máis lle gustou da cidade e do noso centro, e incluso por que nos bota de menos como nós a botamos a ela. 

Xerxes: Una ópera de Haendel. Por Azazel Fernández 

Azazel Fernández nos achega a Xerxes, unha das óperas máis relevantes do xenial compositor alemán coñecida popularmente por conter a súa famosa aria Ombra mai fu. A óptica dende a que escribe Azazel é fundamentalmente histórica, pero hai tamén unha revisión dos xéneros que resulta moi actual e  interesante.

Eugenio Trías . La imaginación sonora.  Por Pablo Ruibal 

Neste artigo faise unha reseña do libro do filósofo Eugenio Trías sobre o seu pensamento acerca da música en diversas épocas da Historia nun dos textos sen dúbida máis interesantes sobre filosofía e música escritos en español. Dende a Idade Media ata Ligeti, Trías introduce de xeito ameno o seu pensamiento filosófico a través de practicamente todas as etapas da Historia da Música.

La improvisación musical y el lenguaje de la música.  Por Javier Constenla  

Javier Constenla  ofrécenos aquí a súa visión sobre a linguaxe da improvisación a través dos tempos e tamén unha breve introducción ao enfoque da improvisación como él mesmo a concibe e leva á práctica,  non  tan só na linguaxe jazzística, senón en todo tipo de música.

Un pianista español en Sanghai. Entrevista a Pablo Álvarez. Por Pablo Ruibal 

Nunha nova entrevista, Pablo Álvarez Delgado, pianista navarro e antiguo alumno do noso Conservatorio, explícanos como é a vida musical en Sanghai, como traballan en China coa música occidental e como é o seu día a día na macrocidade china. Interesantes aspectos sobre o funcionamento do sistema educativo chino son desvelados nesta interesante conversa. 

A introducción da especialidade de Producción e xestión musical nos conservatorios Por Xavier Fernández 

Xavi Fernández, músico e profesor, finalizou os seus estudos no noso centro fai xa máis de dez anos: posteriormente especializariase ademais en Musicoloxía e Xestión musical. Neste artigo argumenta cales son os motivos da aparición desta especialidade nos nosos Conservatorios, ademais das implicacións sociais e culturais da aparición da mesma, necesidade evidente no mundo no que vivimos e adaptación obligatoria para poder seguir ofrecendo música á nosa sociedade.

Vigo como leitmotiv na vida de Reveriano Soutullo. Por Alejo Amoedo 

Alejo Amoedo é un reputado pianista e investigador do patrimonio musical galego que actualmente imparte clase de piano no Conservatorio Superior de Vigo. Neste artigo traza unha biografía do compositor galego Reveriano Soutullo arredor dun dos motivos principais na súa vída e na súa música como é a cidade de Vigo. Paga a pena ler este texto para achegarse a este creador de zarzuelas e a outros aspectos pouco coñecidos do compositor de Ponteareas.

La moderna ejecución pianística. Técnica de dedos según Leimer. Por Álvaro Sieira

Con carácter técnico, este artigo de Álvaro Sieira introdúcenos a técnica de dedos do pianista e pedagogo alemán Karl Leimer. Aínda que o seu traballo está adicado ao piano, moitas das suas conclusións e exercicios -e sobre todo as suas reflexións- poden facilmente aplicarse a outros instrumentos. Moi recomendable a súa lectura. 

Escribir sobre música é como bailar sobre arquitectura?. Por Pablo Ruibal 

Nunha defensa da lectura e a escritura sobre música, este artigo intenta desmontar a idea, cada vez menos frecuente, por suposto, de que escribir sobre música é algo demasiado incompleto e difuso para que mereza a pena levalo a cabo.  Esa  idea, que se resume na famosa frase que da título ao artigo, serve como eixo ao redor do cal o autor debate brevemente sobre a escrita sobre música ao longo da Historia.

Wanda Landowska en España (II) . Por Pablo Ruibal 

Segunda parte do artigo publicado no primeiro número de Symphonia. Coñecemos por medio das publicacións na prensa de hai cen anos a sorprendentísima afición do público español pola música antiga e o seu coñecemento sobre a música de clave. Xa  nos anos 10  e 20 do século pasado, a famosa pianista e clavecinista Wanda Landowska ofreceu ao público español numerosos concertos nos seus diferentes periplos polas cidades más importantes, incluindo Santiago de Compostela e a documentada visita a antigua casa do seu admirado Chopin en Mallorca.

De Cuba a Galicia. Entrevista a William Díaz e Mandela. Por Symphonia

Dous músicos cubanos, William e Mandela, que estudiaron e estudian respectivamente no noso centro, dannos unha perspectiva da vivencia e a educación musical en Cuba e en España dende o seu punto de vista: qué é o atractivo ou o máis rentable a nivel musical en ambos países, como se vive a música ou as dificultades de ter que traballar e estudar á vez. 

Códax, de volta a casa. Por Diego Mata Pose

Diego Mata, alumno do CMUS Superior da Coruña, atópase actualmente estudando piano na ESMAE de Porto. Neste artigo quédase a metade do camiño entre Coruña e Porto,  exactamente na Ría de Vigo, para falar da volta a aquela cidade do famoso pergamino do trovador vigués Martín Códax, que se pode admirar ata marzo no Museo da Mar da cidade olívica. 

La primera sinfonía de Brahms, una completa odisea. Por Azazel Fernández. 

Neste artigo relátanse os problemas polos que pasou Brahms, “a terceira B musical”,  como sucesor de Beethoven, tratando os seus intentos dende un punto de vista cronolóxico e plenamente humano, achegándonos deste modo máis ao compositor e aos vinte e dous anos que lle tomou realizar esta grande obra coñecida como a “Décima Sinfonía”, facendo referencia ao xenio de Bonn. 

Anuncios