Eugenio Trías, filósofo español, foi Catedrático de Filosofía na Universidade Pompeu i Fabra de Barcelona e un dos máis lúcidos pensadores dos últimos tempos no noso país. O seu enfoque humanista da filosofía levao a difundir o seu pensamento en textos de divulgación e, afortunadamente nalgún deles, en ensaios adicados á música, como é o caso dos libros mais coñecidos do autor sobre esta Arte: “El Canto de las Sirenas e o que nos ocupa “ La imaginación Sonora “, subtitulado como “argumentos musicales”.

O libro publicado por Galaxia Gutenberg que acostuma a regalarnos con perfectas edicións é en realidade unha serie de ensaios do autor sobre diversos temas musicales, todos eles cun enfoque moi interesante e coa acostumada profundidade estética de Trías en absoluto estado de gracia.

O primeiro ensaio trata sobre o xordimento da polifonía en Occidente. O autor está sorprendido da pouca importancia que se lle da a este fenómeno tan crucial na música occidental se o comparamos co nacemento da escritura alfabética e a a aparición  da literatura fenómeno á que se dedica toda unha ciencia. O análise confirma o que xa levamos pensado dende o plano musical durante tantos e tantos anos: que a música occidental ten un carácter arquitectónico e que como tal Arte necesita unha planificación que é a que lle proporciona a notación musical sen a cal non serían posibles as obras organizadas en  múltiples capas e estratos. Pola mesma razón, sen a notación non chagaría a existir o contrapunto e nen sequera a armonía. Sen a anotación a experimentación sonora resultaría  reducida como é lóxico, non existiría a armonía tonal nen as tonalidades e ata aqueles xestos máis sinxelos, un simple acorde incluso, non chegarían  a ter existido ao igual que a novela ou o ensaio non terían existido sen a escritura

O nacemento da notación e unha aventura maravillosa que abre o camiño ao resto de ensaios do libro colocados en orde cronolóxica. Despois dese ensaio sobre a aparición na Idade Media da notación musical o autor viaxa no tempo hacia o Renacemento con dous textos sobre Josquin Desprez e Palestrina, continúa logo  ata o século XVIII con outro ensaio adicado ao seu adorado JS Bach -no que establece un paralelismo entre principio e fin, morte e vida e a música do alemán,  tema frecuentado por Trias en todos os seus textos con enorme altura filosófica- e segue con Haydn, Mozart e Beethoven, cun ensaio adicado a cada un dos membros da Trinidade Clásica sobre un aspecto particular da súa obra.

No século XIX  aparecen ensaios sobre Liszt, Wagner e Bruckner con aproximacións diversas: Wagner é un clásico obligatorio nos ibros sobre filosofía e estética pero o máis interesante destes tres textos, quizá por non ser un tema  moi habitual é o adicado á etapa compositiva  final de Franz Liszt que é convertido -con bastante razón- no pai do modernismo musical no derradeiro capítulo do ensaio, “Fervor religioso e audacia musical modernista” no que atopamos interesantes reflexións sobre as escalas octotónicas e a súa labor  como elemento difuminador dos enclaves armónicos convencionais (especialmente no aspecto da orientación tonal hacia a dominante), parte importante do  fenómeno de  desgaste tonal de finais do XIX. É ese elemento de difuminación un aspecto que nen tan sequera Wagner logrou transgredir, e que tanto haberían de agradecer os compositres rusos como Rimski ou Mussorgski ou incluso os franceses, entre eles o seu representante máis notable, Claude Debussy.

Trias continúa cun capítulo adicado a Verdi, e non podía faltar no seu libro outro adicado a Gustav Mahler para seguer, xa no século XX con outro ensaio adicado a outro clásico inevitable da modernidade como foi Arnold Schonberg (este ensaio ven titulado co enigmático titulo de “Expiación”) para finalizar esta parte con sendos textos sobre Gyorgi Ligeti e Giacinto Scelsi. No adicado a Ligeti aparecen suxerentes títulos nos capítulos internos (“Cosmos Sonoro”, “Thanatos” , “Tradición e vanguardia”) nos que o autor ofrece a súa particular visión sobre a Xeración da Apocalipse Cultural a través da disección de varias obras do compositor húngaro en clave filosófica e sonora.

Finaliza o libro cunha “Coda filosófica” sobre aspectos mais xerales sobre música e vida e que opera a modo de conclusión de textos tan diversos. A Coda adopta os movementos dunha obra musical co seu “Preludio” ao que segue o Primeiro movemento, “El Homúnculo”, no cal Trias volta á metáfora da voz da nai como a primeira música do ser Humano, a que escoita o feto dentro do ventre materno. Continua o autor cun Segundo Movemento, “Imaginación sonora” (subtítulo do libro) no que se tratan aspectos como as imaxes, sonidos e símbolos da música e unha volta hacia as orixes do son e sobre todo hacia o significado subconsciente do son na nosa existencia. A Coda  finaliza nun terceiro movimiento que comeza  buscando unha explicación á Gran Viaxe Final por medio da música a través das lecturas dos grandes autores da Historia cos que Trías contrasta constantemente as súas ideas.

Precisamente ésa é unha virtude do texto:  a enorme erudición do filósofo, os seus xigantescos coñecementos sobre o pensamento musical e o seu vasto coñecemento bibliográfico. Sen caer en tediosas explicacións, Trías desgrana a súas ideas dun xeito fluído sen termos que realizar grandes esforzos de comprensión e  se dirixe a un público amplio que quere ler sobre música. A outra gran ventaxa é que o texto se articula en capítulos independentes como xa quedou dito, de modo que cada cal pode escoller o que mais lle apeteza segundo as súas preferencias musicais ou de lectura. A variedade de propostas tentanos a continuar co resto de ensaios, tan diferentes entre sí, sen temor a aburrirnos, mais a lectura non ten porque seguer necesariamente a orden proposta no libro, xa que os ensaios aínda gardando unidade de pensamento e exposición, son independientes entre sí.

O libro consta ademáis dun aparato de citas e unha bibliografía intensa e inmensa sobre os autores e ideas que trata e vai acompañado tamén dun completo índice onomástico e de obras, podendo server este último para ambientar a nosa lectura coas obras que inspiraron ao autor na escritura de cada ensaio .

É por tanto un texto que resulta imprescindible, un multirelato sempre profundo, variado e ata conmovedor ás veces, construido a partir das sólidas conviccións filosófico-musicais do autor. A isto habería que engadirlle o seu fantástico estilo e aspectos máis prosaicos como a comodidade do volume ou o seu económico precio. “La imaginación sonora” non é un texto recente xa que foi publicado no 2010 pero neste caso iso é algo completamente intrascendente xa que moitos destes ensaios perdurarán no tempo como clásicos da literatura filosófica sobre música que raras veces comparte tanta erudición a vez que amenidade.

 

 

Anuncios